Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 por Alonso Montero, Xesús

Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939

Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939

Título del ebook: Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939
Autor: Alonso Montero, Xesús
Editorial: Editorial Galaxia
Categoría: Libros
Fecha de publicación: 2/26/2007
Número de páginas: 532
ISBN: 9788482889795
Idioma: Español
Más información del libro: No posee

Accede a tus E-Books Favoritos!

 

Descripción del libro:

En Os escritores galegos ante a Guerra Civil española, Xesús Alonso Montero rescata textos pouco coñecidos, ademais dalgúns inéditos, que revelan o complexo e problemático mapa moral e político daqueles anos. Textos non frecuentados para achegármonos á personalidade política e ao labor literario de escritores como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro de las Casas…

Sobre el autor:

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Real Academia Galega dende 2013, é filólogo, tradutor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudos e traballos entre os que cabe destacar: » Cen anos de literatura galega » (1964); » Informe �dramático� sobre la lengua gallega » (1973); » Celso Emilio Ferreiro » (1982); » Decálogo da lingua galega » (1990); » Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado) » (1991); » As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane » (Xerais 1994, 2002); » Ensaios breves de literatura e política » (1996); » Curros Enríquez no Franquismo (1936-1971) » (2003); » A Batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na Unesco en 1954 » (Xerais 2003); » Intelectuais marxistas en Galicia (1920-2006) » (Xerais 2006); » Páxinas sobre Rosalía de Castro (1957-2004) » (Xerais 2004); » Eduardo Jorge Bosco (Poemas en lingua galega) » (Xerais 2007); » Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) » (Xerais 2009); » Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo » (Xerais 2011, Premio Losada Diéguez, 2012), » Castelao na Unión Soviética en 1938 » (Xerais, 2012); » Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo » (Xerais 2014) e » Xosé Filgueira Valverde: Biografía intelectual » (Xerais 2015). Unha escolma da súa obra xornalística foi recollida en » Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999) » (2000), publicación con motivo da concesión do Premio Roberto Blanco Torres 2000. Escolmou a súa produción lírica no libro » Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo » /Xerais 2017). Director do Centro de Estudos Rosalianos, é autor de centos de traballos sobre Rosalía de Castro e outros escritores.